Esta fin de semana os nosos remeiros do equipo ACT foron os únicos con competicións no seu almanaque. Ademais, estes disputaron as dúas xornadas que marcan o ecuador da liga.
XII Bilboko Bandera
O sábado celebrouse a clásica Bandeira de Bilbao, que transcorre polo centro da cidade, comezando na casa do concello e pasando polo Museo Guggenheim. O noso equipo partía na segunda quenda con Ondarroa, Bermeo e Donostiarra como contrincantes principais. A regata estivo moi apertada durante os tres primeiros longos, estando todas as embarcacións (incluídas as da anterior quenda) nun marxe de moi poucos segundos. A diferenza marcouna o último longo onde a nosa embarcación comezou a marcar distancia rematando sétima cun tempo de 19:46, a un segundo de Bermeo e un segundo sobre Tirán, na anterior quenda.
Santurtziko XLII Ikurriña
O domingo a regata tivo lugar nas augas de Santurtzi, campo coñecido polas súas complicadas e azarosas correntes. O noso equipo partía na segunda quenda cos cambios de Brais Pedrouzo, Roberto Fernández e Sergio García como remeiros e substituíndo Óscar Hermo a Félix Duarte como patrón. A nosa embarcación foi avantaxada dende o comezo polos equipos de Bermeo e Donostiarra, quedando nunha particular loito cos moañeses de Tirán. O crono final da regata foi de 20:05,48, o que supuxo o noveno posto, a escasos segundos de Zierbena e Ondarroa.
Próximas Regatas
A vindeira fin de semana a EuskoLabel Liga desprázase ata a Ría de Arousa para desputar a I Bandeira Barbanza Arousa e a XXXI Bandeira Concello de Boiro, en Rianxo e en Cabo da Cruz respectivamente. A liga LGT-A estará competindo o sábado en Cesantes, mentres que a Liga Feminina farao o domingo en Rianxo.